I TROFEO DE KENDO CONCELLO DE REDONDELA

cartel

MAS INFORMACIÓN

Dende o Club Kendo Vigo – Fuji Dojo nos é grato comunica-la celebración do “I Trofeo de Kendo Concello de Redonela”, que terá lugar o día domingo 9 de outubro de 2016.

Este evento, organizado en colaboración coa Federación Galega de Judo e D.A., consiste nun campionato na modalidade individual para maiores de 18 anos de calquera participante federado en Galicia de Kendo (con Bogu). O competición realizarase á maña do domingo 9 de outubro.

Torneo Individual en modalidade Open con dos fases:

  • Fase Previa en formato liga.
  • Fase Final de eliminación directa.

Para a inscrición dos participantes será necesario cubri-lo documento adxunto cos datos indicados. Unha vez cuberta deberase enviar á dirección do club clubkendovigo@hotmail.com. O Club Kendo Vigo – Fuji Dojo remitirá a inscrición á Federación Galega de Judo e D.A.

Data límite de inscrición: 6 de outubro.

 

Para información ou calquera dúbida sobre o campionato pódese contactar con nos a través do mesmo correo electrónico. En caso de que houbera algunha modificación da planificación informaríase ós participantes mediante o medio de contacto proporcionado.